miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Rumbo ao Nacional de Danza

FUSIÓN. Sueños Rotos
FUSIÓN. Sueños Rotos

A Escola de Iniciación ao Movemento de Vilalba ten unha cita co baile esta fin de semana no teatro Campoamor de Oviedo, onde se disputará a Fase 1 do Concurso Nacional de Danza.

Un grupo de 28 nenas e mozas vilalbesas, con idades comprendidas entre os sete e os 17 anos, levan dende o mes de outubro preparando as nove coreografías que defenderán nesta competición, na que acadaron bos resultados en anos anteriores, malia a que só ensaian un día á semana, para o que agora dispoñen da nova aula de danza do auditorio.

Elas serán as encargadas de representar a escola da capital chairega, que conta con preto dun cento de alumnos dos tres aos 16 anos. Farano en individual, dúo e grupos, nas modalidades de fusión (oito coreografías) e de jazz (unha), aínda que a competición abrangue moitos máis ritmos, dende o clásico ao hip hop.

De acadar o primeiro posto na súa categoría clasificaríanse para a final absoluta, que se disputará en Huesca no mes de maio.

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Rumbo ao Nacional de Danza
Comentarios