Rueda: ''Non se poden dar escenas como as que vimos no Parlamento''

O secretario xeral do PP e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse hoxe de acordo coa decisión da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, de xestionar directamente as visitas aos plenos como xeito de evitar "escenas" como as que viviu a Cámara.

Nunha entrevista en Radio Nacional, Rueda dixo estar "totalmente de acordo coa" titular da Cámara en que non se poden dar escenas como as que vimos ultimamente" no hemiciclo, onde o 19 de decembro un grupo de afectados as participacións preferentes chegou a interromper un pleno.

"Ao final, se un lle perde o respecto ao Parlamento, con independencia da lexitimidade dos intereses" que defendan os manifestantes, "se se perden as formas, se se perde o respecto" ao que é a Cámara, "é moi difícil pedir respecto para outra cousa".

Por iso, considerou que a presidenta, "cun toque de atención, e como garantía de que estas cousas non se vaian a producir" decidiu unha medida "razoable, que non se se se vai a prolongar no tempo, pero que nestes momentos, na miña opinión, era necesaria".


CONFLITOS MUNICIPAIS
Na entrevista, Rueda referiuse tamén aos conflitos que o PP protagonizou esta semana nos concellos de Santiago, Ames ou Pontevedra e reiterou que se algo caracterizou ao PP foi sempre a unidade.

Na liña do discurso pronunciado onte polo presidente dos populares e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante a dirección do partido, Rueda dixo a todos "os concelleiros compañeiros nosos que estean neses supostos, que os problemas hai que arranxalos canto antes, e porse a traballar para que a xente os puxo para solucionar problemas, e o que non estea conforme, xa sabe que obrigado en política non está ninguén".

Por outra banda, e preguntado pola reclamación dun plan para previr a corrupción por parte do fiscal de Galicia, Carlos Varela, Rueda apuntou que calquera medida para que os cidadáns confíen máis na política "benvida sexa" e subliñou que a maioría de quen se dedican a ela son persoas honradas.

Dixo que non lle parece mal estudar a proposta de Varela, aínda que recordou que o PP nacional propuxo medidas deste tipo, está a esperar a resposta do PSOE e "se alcanzamos un acordo global, estou seguro de que será máis fácil "implementar medidas concretas ou referidas a un territorio concreto", como propuxo Carlos Varela para Galicia.

Comentarios