Rueda eloxia a Carballedo e Chantada por mancomunar servizos

Las autoridades, revisando las nuevas farolas (Foto: TOÑO PARGA)
photo_camera Las autoridades, revisando las nuevas farolas (Foto: TOÑO PARGA)

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, animou aos concellos de toda a Ribeira Sacra a que estreiten as súas relacións en canto á prestación de servizos porque teñen máis posibilidades de recibir axudas que se as demandan de forma separada. Recalcouno durante unha visita que realizou este venres aos municipios de Carballedo e Chantada para supervisar a instalación de novos puntos de luz máis eficientes co respaldo da Xunta. Neste caso puxo como exemplo a unión de ambos os concellos á hora de mancomunar servizos como o de parte da iluminación.

Rueda engadiu que este esforzo conxunto "ha permitido levar a cabo unha actuación de ao redor de 70.000 euros para mellorar a iluminación pública en varias parroquias de ambos os municipios e lograr unha maior eficiencia enerxética en todos os sentidos".

Comentarios