viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Rueda defende que o dispositivo de urxencias ''funcionou de xeito coordinado''...

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que está "orgulloso" da coordinación do dispositivo de urxencias, tras o accidente ferroviario ocorrido hai unha semana que custou a vida a 79 persoas, fronte ás críticas da oposición que cuestionou a descoordinación, demoras e falta de medios.

Na súa comparecencia a petición propia ante unha comisión do Parlamento de Galicia, Rueda enxalzou o labor dos "máis de tres mil profesionais" que colaboraron nos labores de asistencia ás vítimas do descarrilamento do tren Alvia Madrid-Ferrol ocorrido á noitiña do pasado 24 de xullo nas proximidades de Santiago de Compostela.

Rueda afirmou que os directivos do servizo de Urxencias da Xunta e de varios corpos policiais acudiron ao lugar do accidente para os labores de coordinación, independentemente da instalación dun camión equipado para eses labores que foi instalado un par de horas despois.

"A primeira ambulancia acudiu aos once minutos", comentou Rueda, quen destacou que un total de sesenta que chegaron á zona lograron evacuar ás vítimas e "en tres horas todos os feridos estaban evacuados" a centros hospitalarios. "Tivemos a sorte de que os hospitais estaban cerca", engadiu, e destacou tamén que o dispositivo de asistencia ás vítimas "funcionou de xeito coordinado".

Recoñeceu que "por suposto" ante eses accidentes "as cousas poden facerse mellor" e ata pode ser necesario "repasar os protocolos" de actuación, pero rexeitou implicitamente as críticas da oposición a eventuais deficiencias no operativo.

Nese sentido, afirmou que dous helicópteros que poderían acudir non o fixeron debido á "hora de sinistro", ás "dificultades para aterrar" na zona e ao feito da "proximidade de centros hospitalarios" aos que resultaba máis accesible o transporte terrestre en ambulancia.

Segundo o vicepresidente do Goberno autonómico galego, eses helicópteros para transportar feridos "ás 10 da noite non poidan voar", e ademais "un deles tiña unha avaría".

Rueda defende que o dispositivo de urxencias ''funcionou de xeito...
comentarios