Torres pide a suspensión da súa condena polo caso Nóos mentres se tramita o indulto

A Audiencia de Palma dera cinco días ao exsocio de Urdangarin para ingresar en prisión

Diego Torres. AEP
photo_camera Diego Torres. AEP

O exsocio de Iñaki Urdangarin, Diego Torres, solicitou a suspensión da execución da condena de cinco anos e oito meses de cárcere á que foi sentenciado polo caso Nóos mentres se tramita a súa solicitude de indulto, informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Baleares.

A Audiencia de Palma dera cinco días a Torres para ingresar en prisión despois de que o Tribunal Supremo o condenase a cinco anos e oito meses de prisión, un prazo que finaliza este luns, cando a súa representación procesual pediu a suspensión da execución da pena.

Fontes próximas ao caso informaron de que Torres solicitou cumprir a condena no centro penal Can Brians 2.

No caso Nóos, o Supremo confirmou a semana pasada condenas de prisión para Urdangarin (cinco anos e dez meses), Torres e o expresidente balear Jaume Matas (tres anos e oito meses).

Urdangarin ingresou este luns na prisión de Brieva, en Ávila, mentres Matas entrou voluntaria no cárcere madrileño de Aranxuez o mércores pasado. 

Comentarios