? Ronaldo: ''Eu teño a conciencia tranquila; cumprín co meu deber''

O futbolista portugués Cristiano Ronaldo, finalista para gañar hoxe o seu segundo Balón de Ouro da FIFA, considera que máis aló de obter ou non ese galardón, sentirase ben consigo mesmo polo logrado o pasado ano.

"Eu teño a conciencia tranquila. Conseguimos a liga, conseguimos a Supercopa. Sinto que cumprín co meu deber. Misión cumprida", afirmou na rolda de prensa previa á concesión do premio, polo que tamén puxan o arxentino Leonel Messi e o español Andrés Iniesta. "Independentemente do que pase no día de hoxe, é unha honra estar aquí", agregou.

Comentarios