Vía Romana dá o salto ao viño godello tras 8 anos de investigación

Óscar González, enólogo de Vía Romana. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Óscar González, enólogo de Vía Romana. (Foto: Toño Parga)

A firma Vía Romana, con sede en Belesar (Chantada), sacou ao mercado o seu primeiro viño branco, tras oito anos de traballos en viña e adega. O caldo é un monovarietal de uva godello de categoría alta que se denomina Vía Romana Godello. O seu mercado será o nacional, principalmente no ámbito da restauración, aínda que están en marcha varias negociacións para exportalo a Rusia, Holanda e Xapón.

A experiencia supón un paso máis na traxectoria da propia adega pero tamén da denominación de orixe Ribeira Sacra. Juan Luís Méndez Rojo, propietario de Vía Romana, defendía onte a presenza dos brancos na denominación, un debate que causa moita controversia na zona. «Está claro que somos unha denominación de tintos, especialmente de mencías, e que ese é o nosa aceno de identidade. Pero para as adegas considero que é interesante complementar o traballo que facemos nos tintos con algún branco, sempre movéndonos dentro da alta calidade», explicou Méndez.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios