lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

Rojo apoia a Barcia que avoga por axudar aos colectivos en Burela

O candidato popular á alcaldía de Burela, José María González Barcia, aposta por realizar un «plan de contención do gasto municipal» que teña, entre outros obxectivos, «reducir nalgún gasto para poder achegar fondos ós colectivos». O popular afirma que nos primeiros anos da segregación de Cervo, «onde a situación era realmente mala», realizouse con éxito unha aposta similar.

Barcia expuxo a súa postura, acompañado da presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, aos representantes das asociacións e colectivos do municipio, cos que se citou onte pola tarde. O alcaldable afirmou que o PP «apoia o asociacionismo» e que xa que logo, aínda en épocas de crises, as administraciónes «deben facer máis con menos, ou alomenos o mesmo do que se viña facendo».

Os populares acusan o goberno municipal de tirar «alegremente de chequera» e como consecuencia «retirar as aportacións económicas ós colectivos de todo tipo, a través dás subvecións nominativas que se marcaban nos presupostos municipais». O candidato do PP mostrouse disposto ademais, a pór en marcha un foro do asociacionismo burelense, onde se debata sobre a realidade dos colectivos e achéguense solucións, que sexan tidas en conta polo goberno local. Pilar Rojo apoiou onte tamén aos candidatos do Partido Popular ás alcaldías de Mondoñedo, Ribadeo, Trabada e Riotorto, nestas dúas últimas localidades participou en senllos mitins.

Rojo apoia a Barcia que avoga por axudar aos colectivos en Burela
comentarios