Roel di que unha firma reclama 126.000 euros de transporte do Viveiro C.F.

O rexedor vivariense, Melchor Roel, recordou onte que unha empresa de autobuses reclama xudicialmente ao Concello 126.000 euros polo transporte do Viveiro C.F. O alcalde respondeu desta forma ás críticas da concelleira Mariña Gueimunde polo atraso no pago das bancadas do campo de fútbol de Galdo.

Roel retou aos populares a explicar que apoio daban aos colectivos deportivos, porque o PSOE, entre 2004 e 2010, apoia o seu traballo con 922.695,87 euros, mentres «eles do pouco que facían, aínda deben diñeiro», subliñou.

O alcalde manifestou que «tiña medo de que nos acusasen de caciquismo por non dar unha axuda a un club presidido por un edil socialista, pero en cambio agradézolle á portavoz do PP que ao dicir mentiras, os veciños coñezan que a finais de 2010 asinouse un convenio entre o club Novas Raíces e a Deputación». Roel di que o Concello colaborou na iluminación, a ampliación do campo e a súa drenaxe.

Comentarios