Rodrigo Germade logra o ouro en K2 500

O do Morrazo alzouse co prezado metal na proba de K2 500 metros dos Mundiais de Piragüísmo
Marcus Cooper Walz y Rodrigo Germande tras conseguir el oro en la prueba de K2 500
photo_camera Marcus Cooper Walz y Rodrigo Germande tras conseguir el oro en la prueba de K2 500

O campión olímpico Marcus Cooper Walz e Rodrigo Germade fixéronse este sábado co título de K2 500 metros nos mundiais de piragüismo que se disputan en Racice, en tanto que Carlos Garrote e o tamén ouro olímpico Cristian Touro terminaron segundos en K2 200 m.

Cooper, ouro nos Xogos de Río en K1 1.000, engadiu unha páxina máis ao seu historial co seu primeiro título mundial, que segue ás medallas de prata e bronce que gañara en 2015 e 2014, respectivamente en K2 500 e K1 500.

A superioridade da parella Cooper-Germade foi manifesta no medio quilómetro de Racice. Pasaron polos 250 metros con 303 milésimas de vantaxe sobre os húngaros Bence Nádas e Sándor Totka e superáronlles en meta xa por 1.128 segundos.

VITORIA AXUSTADA. Os campións do mundo marcaron un crono de 1:27.979, por 1:29.107 dos centroeuropeos e 1:29.518 dos bielorrusos Vitaly Bialko e Raman Piatrushenka. Na final dos 200 metros, apenas 336 milésimas afastaron ao kaiak de Garrote e Touro da vitoria, que levaron os húngaros Márik Balaska e Balázs Birkas cun crono de 30.912.

Touro subiu ao alto do podio olímpico en Río xunto con Saúl Craviotto nesta mesma proba. Completaron o podio mundial do dobre hectómetro os serbios Nebojsa Grujic e Marko Novakovic, con 31.451. 

OUTRAS DISCIPLINAS. Nas outras finais da xornada, Francisco Cubelos e Íñigo Pena entraron sétimos en K2 1.000, con vitoria dos serbios Marko Tomicevic e Milenko Zoric.

Adriana Paniagua e Patricia Coco terminaron oitavas na final de C2 500, gañada polas canadenses Laurence Vicent e Katie Vincent. Roi Rodríguez finalizou noveno e último na de K1 1.000, que foi para o alemán Tom Liebscher; e Afonso Benavides oitavo en C1 200, distancia na que triunfou o bielorruso Artsem Kozyr.

Comentarios