Rouban un coche na porta dun concesionario en Foz

Coche sustraído. Foto: AMA
photo_camera Coche sustraído. Foto: AMA

O responsable do concesionario multimarca Jaemi, Javier López, denunciou o roubo do seu vehículo, aparcado ás portas do establecemento, situado no número 2 da avenida de Viveiro, en Foz. Trátase dun Nissan Terrano 2, de cor gris prata e con placas de matrícula 3301-DFK, que foi subtraído o pasado día 5.

O ladrón aproveitou que nun dos asentos dianteiros había quedado unha bandoleira, con documentación do propietario e as chaves do coche, para facerse co control do mesmo, ao redor das oito da tarde, xusto cando baixaban a persiana para pechar o local, momento que aproveitou o ladrón ou ladróns para levar a fume de carozo o coche, cuxa portelo quedara un pouco baixada.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios