A plena luz do día, ao redor das doce da mañá, e a cara descuberta, un home entrou a roubar onte nunha céntrica xoiería vilalbesa, un negocio con tradición na capital chairega e situado na Praza de Suso Gayoso.
O ladrón entrou no establecemento a media mañá e pediu aos responsables da xoiería que lle mostrasen distintos modelos de selos de ouro de home e estes, sen desconfiar do cliente, ensináronlle algúns dos aneis que tiñan na tenda.
Nese momento, o home agarrou