Rivera abandonou o centro de Barcelona escoltado entre unha choiva de insultos

O presidente de Ciutadans, Albert Rivera, tivo que ser escoltado entre insultos nun momento de tensión no centro de Barcelona tras ser entrevistado por unha canle de televisión.

Rivera foi entrevistado, xunto a outros dirixentes cataláns, na Sexta, no programa de debate Al rojo vivo, que ten un set situado na praza de Catalunya, en Barcelona, con motivo da Diada.

Segundo fontes de Ciutadans, tras a entrevista Rivera empezou a recibir insultos e, ao ver a tensión que se ía xerando por parte de cidadáns con simboloxía independentista que lle increpaban, Mossos d'Esquadra de paisano protexeron a súa saída do set para evitar males maiores.

Tras coñecerse os feitos, a portavoz de UPyD, Rosa Díez, condenou nun comunicado de prensa aos "intolerantes" que protagonizaron este intento de agresión.

"A maioría dos cidadáns de Cataluña non senten representados por quen cren que a súa liberdade consiste en negarlla aos demais", afirma Díez. 

Comentarios