''Rifamos un xato ou 400 euros na festa do sábado''

José Montenegro (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera José Montenegro (Foto: José Mª Álvez)

José Montenegro, presidente da comisión de festas da parroquia cervense de Rúa, que celebra a Candelaria

Unha nova comisión faise cargo este ano das festas da Candelaria. Que programa teñen?

O primeiro día será mañá, que é o día da patrona, polo que se fará unha misa adicada á Santa, á unha da tarde, que estará cantada polo coro Virxe da Peregrina de Cordido. O venres terá lugar a primeira verbena, coas orquestras Abanico e Philadelphia.

E o forte, queda para a fin de semana.

Si, tanto sábado coma domingo teremos misa cantada polo coro de Cervo á unha da tarde, e os dous días haberá sesión vermú. Pola noite, o sábado actuará Nueva Generación e Aché, e sobre as doce, rifaremos un xato, ou ben 400 euros. A verbena do domingo será amenizada por Palladium.

Con que orzamento contan para este ano?

Temos unha subvención de 97.000 euros que nos dá a comunidade de montes, e tamén contamos cunha axuda do Concello de Cervo e máis o que saquemos pola venta das rifas.

Son unhas festas moi populares.

Si, é que son das primeiras do ano e teñen unha gran tradición. Montamos unha carpa por se vai mal tempo.

Comentarios