Ricardo Varela: "O dereito á educación, sanidade e servizos sociais debe estar blindado na Constitución"

O candidato do PSOE ao Senado por Lugo defendeu en Telelugo a xestión en materia de pensións do Goberno de Zapatero, que "deixou unha herdanza a Rajoy de 68.000 millóns de euros na hucha"

O candidato do PSOE ao Senado por Lugo, Ricardo Varela, afirmou este martes nunha entrevista en Telelugo que, ao final da próxima lexislatura, gustaríalle que estivesen blindados na Constitución "servizos públicos que fixeron do noso país un referente en Europa: sanidade, educación e política social". "Nós plantexamos que se reflictan na Constitución como un dereito dos cidadáns e polo tanto non podan ser modificadas", puntualizou, ante de engadir que "nós construímos un estado de benestar con moito esforzo dos cidadán e vemos que hoxe está en perigo, e iso non pode pasar".

En referencia ás pensións, Varela defendeu a xestión do Goberno de Zapatero.  "A herdanza que recibiu Rajoy do Goberno anterior foron 68.000 millóns de euros na hucha dás pensións, e este Executivo leva sacado máis de 30.000", criticou. Así mesmo, insistiu na necesidade de garantir as pensións míninas, "que en Lugo son ou 80%", dixo. "De 2004 a 2011 as pensións mínimas subiron casa un 50%. Desde que chegou Rajoy, prácticametne non se moveron", concluíu. 

Comentarios