Rexistrados sete pequenos terremotos nas comarcas dos Ancares e Sarria

O de maior magnitude, de 2,7 graos na escala de Richter, tivo como epicentro Triacastela, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional

As comarcas de Sarria e Os Ancares sufriron en menos de 24 horas sete pequenos terremotos. O de maior magnitude, de 2,7 graos na escala de Richter, tivo como epicentro Triacastela, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN). 

Este último tremor rexistrouse ás 11.39 horas do domingo e localizouse a un quilómetro de profundidade. Ante a súa escasa magnitude non foi percibido pola maioría da poboación. 

O IGN tamén informou doutros catro sismos acontecidos este domingo. ás 12.43 horas produciuse un de 1,7 en Baralla e ás 12.45 outro de 1,6 en Sarria. Ademais, se regitraron un en Becerreá de 1,5 ás 15.39 horas e outro con epicentro en Baralla, ás 16.02, de 2 graos. 

O sábado houbo outros dous. O IGN rexistrou un ás 20.04 horas en Triacastela de 2,1 graos. Pouco despois, ás 22.01 horas, houbo outro de 2,4, con epicentro en Baralla.

Comentarios