Revolución tecnolóxica na aula

Los alumnos de cuarto de primaria, con su profesor, trabajan con las tablets en el aula. Foto: VILA
photo_camera Los alumnos de cuarto de primaria, con su profesor, trabajan con las tablets en el aula. Foto: VILA

Na mochila dos 23 alumnos de cuarto de primaria do colexio de La Merced de Sarria hai cadernos e lapis, pero tamén tabletas dixitais. Desde principios de curso, esta clase participa nun proxecto piloto no centro consistente no uso didáctico desta ferramenta tecnolóxica, que xa logrou aumentar a motivación pola aprendizaxe entre o alumnado, segundo explica o seu titor, José Mariano Valcárcel Resco.

Todo comezou por mor da asistencia do profesor a un curso de formación onde coñeceu o traballo do investigador Pere Marquès, da Universidade Autónoma de Barcelona, sobre o uso da tablet na aula. A partir de aí, expuxo a idea á dirección de La Merced e celebrou unha reunión cos pais dos seus 23 alumnos (de entre 8 e 9 anos de idade), que accederon sen fisuras a comprar ou facilitar a tablet aos seus fillos para ser utilizada «como unha ferramenta máis».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios