Retiran o coche que apareceu calcinado na Veiga

O coche que apareceu esta semana calcinado no municipio ourensán da Veiga, e que se cre correspóndese co dun cidadán holandés desaparecido en xaneiro de 2010, será retirado esta mañá da zona.

Así o comunicaba esta mañá a Garda Civil, que informou de que se tomaron mostras do interior e exterior do vehículo que serán analizados.

Ademais, durante o día de hoxe farase unha batida pola zona onde apareceu o coche co servizo cinolóxico. O vehículo foi localizado o pasado martes cando o helicóptero da Garda Civil sobrevoaba a zona forestal das Touzas dá Azoreira, nesta localidade.

Os axentes, unha vez en terra, comprobaron que o coche, situado nunha zona de piñeirais está case calcinado e non descartan que puidese ser o do holandés desaparecido.

A este cidadán de 52 anos, Martín Verfondern, perdéuselle a pista o 19 de xaneiro de 2010 na localidade ourensá de Petín, onde residía.

Comentarios