Resulta ferido o condutor dun coche sen carné ao chocar contra un autobús en Touro

O accidente tivo lugar na estrada que une Santa Irene e a Ponte de San Xusto, na parroquia de Turces

O condutor dun coche sen carné resultou ferido tras chocar contra un camión en Touro, informa a Axencia Galega de Urxencias.

O accidente tivo lugar ás 11:30 horas na estrada que une Santa Irene e a Ponte de San Xusto, na parroquia de Turces, en Touro.

Un particular chamou ao 112 para pedir axuda e asegurou que un dos implicados necesitaba asistencia sanitaria, pero que non había persoas atrapadas, con ambos os condutores estaban fóra dos vehículos.

O 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas, dos bombeiros de Arzúa, dos axentes de Tráfico e de Protección Civil de Touro.

Comentarios