Respaldo para quen busca novas vías

O autoemprego foi unha saída recorrente desde sempre, con gran auxe en tempos de crises, polo que os plans públicos para apoialo son esenciais
Mesa redonda sobre emprendimiento y autoempleo, celebrada en el restaurante Suso de Castro de Ribeiras de Lea
photo_camera Mesa redonda sobre emprendimiento y autoempleo, celebrada en el restaurante Suso de Castro de Ribeiras de Lea

O MAPA empresarial da provincia de Lugo non deixa lugar a dúbidas. A maioría das empresas son pequenas e a elas únense un bo número de autónomos. Unhas e outros fixeron un importante esforzo para capear a crise, e é aí onde foron xurdindo novas iniciativas de negocio que xorden de vellas afeccións, nichos de mercado ou para converter unha situación negativa, como quedar no paro, nun acto de positivismo, apostando por unha nova saída profesional. A moitos deses emprendedores que viron no autoemprego o seu futuro -na zona concedéronse un centenar de licenzas de aperturas de novo negocio en 2014-, a Deputación trata de apoialos con varias iniciativas, tal e como constatou nunha mesa redonda organizada conxuntamente con El Progreso.

Comentarios