Rescatan os dous ocupantes dun vehículo que envorcou tras chocar na Laracha

Os servizos de urxencias rescataron a dous ocupantes dun turismo que envorcou tras chocar con outro na estrada que une A Laracha con Carballo, na parroquia de Cabo Vilaño, informa a central de coordinación de urxencias de Galicia.

O suceso rexistrouse ás 13:36 horas e o 112 solicitou a intervención dun equipo de excarceración do parque comarcal de Carballo, A Coruña, que finalmente non tivo que intervir.

Tamén se deu aviso a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Laracha.

Comentarios