Rescatan os dous ocupantes dun turismo que se saíu da vía en Guitiriz

Un accidente a causa do cal dúas persoas quedaron atrapadas no interior dun vehículo, que se produciu no municipio coruñés de Aranga, no límite coa provincia de Lugo, saldouse cunha muller ferida, que tras ser liberada foi evacuada polo 061 ao Centro Médico San Rafael, na Coruña.

Nun primeiro momento, o 112 informou de que o accidente se produciu no municipio de Guitiriz, na estrada Nacional VI, aínda que máis tarde os servizos de urxencias comprobaron que, en realidade, o sinistro tivo lugar xa no concello coruñés de Aranga.

A persoa que avisou do sinistro, cando pasaban poucos minutos das nove da mañá, comunicou que un coche se saíu da vía e que había dúas persoas atrapadas no interior do habitáculo, polo que o 112 alertou ao servizo de urxencias médicas do 061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e ao GES da localidade.

O 061 atendeu no punto e trasladou en ambulancia a unha muller de 45 anos, con iniciais A.M.T.V.

Comentarios