Rescatan a dous mariñeiros atrapados nunha zona de difícil acceso en Cangas

Trátase dun pai e un fillo que saíron a faenar e, ao subir a marea, quedaron retidos nunha zona de maleza

Dous mariñeiros quedaron atrapados este martes nunha zona de dificil acceso en Cangas, concretamente en Punta Couso. Os dous homes —pai e fillo naturais da Cañiza— foron rescatados pasadas as 18.45 horas desta tarde e neste momento están a ser trasladado no helicóptero Pesca 1 de Salvamento Marítimo ata o peirao de Aldán.

Segundo informou o 112, os dous mariñeiros atópanse ben.

A central de urxencias de Galicia recibiu a chamada de auxilio ás 14.45 horas. Os afectados indicaron que saíran a pescar e que empezou a subir a marea, polo que quedaron atrapados nunha zona de maleza.

Desde o 112 alertaron da situación a Protección Civil, os Bombeiros do Morrazo, Policía Local, Garda Civil, Servizo de Gardacostas e Salvamento Marítimo.

Comentarios