Rescatado con vida o único tripulante dunha embarcación afundida ao norte de Sálvora

A Salvamar Sargadelos rescatou ao único tripulante dunha embarcación afundida ao norte de Sálvora, illa situada dentro das Rías Baixas, e neste momento está a ser trasladado a Ribeira, informaron a Efe fontes de Salvamento.

Así mesmo, precisaron que este home presenta síntomas leves de hipotermia, e que cando se recibiu o aviso, o centro de coordinación de Finisterre mobilizou ao helicóptero Pesca 1 e Salvamar Sargadelos.

Foi esta embarcación a que procedeu ao rescate, indicaron. 

Comentarios