Recolectores e empresas rexeitan a nova norma que limita recoller cogomelos

Compra de setas, en Champivil (Foto: EP)
photo_camera Compra de setas, en Champivil (Foto: EP)

Recolectores e vendedores chairegos de cogomelos rexeitan o novo Decreto de Aproveitamentos Forestais impulsado pola Consellería de Medio Rural que limitará a recollida de fungos nos montes. Defenden que a normativa non será eficaz, xa que o importante non é regular as cantidades senón as malas prácticas que danan os montes.

«Non ten sentido poñer límite á cantidade cando falamos dun produto silvestre que nace libre e nunha tempada concreta. Sería máis necesario impulsar normas para que non se danen os montes e impedir prácticas que si o fan, como utilizar anciños, bolsas de plástico ou introducir os coches nos bosques, que van pisando e contaminando todo», explica Luz Divina Castelo, responsable de Champivil, a maior comercializadora de cogomelos de Galicia.

CIFRAS. As multas irían dos 100 aos 10.000 euros

  • A nova normativa de Medio Rural inclúe sancións para os infractores, que se aplicarán segundo as previstas pola Lei Estatal de Montes, con multas de 100 a 1.000 euros. Pero en función do dano causado, o beneficio económico ou a reincidencia, poderían alcanzar o tope de 10.000 euros. E serían os gardas forestais os encargados de facer cumprir a lei.
INDUSTRIA
A firma vilalbesa Champivil comercializa 200 toneladas de produto ao ano

A empresa vilalbesa Champivil, unha das maiores comercializadoras de cogomelos en Galicia, move unhas 200 toneladas ao ano, entre o mercado nacional e o internacional, sobre todo en países como Francia, Suíza, Reino Unido, Alemaña, Holanda ou Italia.

A empresa foi fundada en 1977 por Andrés Castelo, que decidiu seguir os pasos da súa nai, Divina Campello, que foi pioneira en Galicia no oficio de compra e venda de cogomelos silvestres desde o ano 1949. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios