Recollidas cen toneladas de plásticos agrícolas en Portomarín

O Concello de Portomarín vén de finalizar unha campaña de recollida de plásticos agrícolas que este ano se pechou con máis de cen toneladas depositadas, segundo anunciaron desde o departamento de medio ambiente.

O edil responsable da área, os socialista Marcos Sánchez, mostrou a súa satisfacción polos resultados desta iniciativa ao cifrar en case un 50% o aumento dos plásticos recollidos en relación a 2008, o primeiro ano que funcionou este servizo.

Segundo explicou, o Concello estableceu varios puntos de referencia no municipio e uns horarios de recollida para que os veciños puidesen depositar de forma cómoda os plásticos inservibles das súas explotacións agrícolas.

Desde a concellaría de medio ambiente agradeceron a «gran acollida» que tivo esta iniciativa entre os veciños e anunciaron que o próximo ano volverán impulsar esta campaña.

Comentarios