A Rebe e os Jiménez de 'Gipsy Kings', en Palas

O reality de Catro viaxa coa familia á ecoaldea de Arqueixal no seu próximo episodio ►Aprenderán a ordeñar, facer queixos, como se coidan os animais e labores do campo
La Rebe baila con uno de los habitantes de Santiago de Albá.
photo_camera La Rebe baila con uno de los habitantes de Santiago de Albá.

A Rebe e os Jiménez son unha das catro familias protagonistas do espazo ‘Gipsy Kings’ de Catro, que na súa emisión do mércores da semana que vén trasladarase á ecoaldea de Arqueixal, en Palas de Rei, para experimentar unha auténtica inmersión rural lucense.

No capítulo emitido este mércores -marca de audiencia do ‘prime time’, sobre todo entre os menores de 34 anos-, A Rebe recibía a invitación de trasladarse cos seus pais e as súas irmás a Arqueixal, na parroquia palesa de Santiago de Albá, como detalle pola súa participación en Miss España Xitana.

Os Jiménez, que residen en Plasencia, nun ámbito urbano, apreciaban xa na emisión do mércores como unha aventura o seu desprazamento a Galicia e no capítulo escoitábase a voz de José Luis Carreira, o responsable de Arqueixal, quen lles explicaba que itinerario debían seguir para dirixirse ata o complexo de turismo rural e explotación leiteira ecolóxica que dirixe en Palas de Rei.

O mércores da semana que vén, segundo avanzou o director do programa, o lucense Jacobo Eireos, os Jiménez terán a oportunidade de coñecer como se coidan os animais nunha explotación ecolóxica, probarán a ordeñar unha vaca coas súas propias mans e a facer queixo do modo máis tradicional, ademais de interactuar coas persoas que traballan en Arqueixal e o resto dos habitantes de Albá.

«Non facemos un retrato dos xitanos na España do século XXI, só de catro familias que son xitanas», defende Jacobo Eireos

Eireos, que asegura que aproveitou a súa condición de lucense para achegar aos Jiménez a Palas, sinala que o interese do próximo episodio céntrase en ver como se comportan «os peixes fose da auga». Esta familia protagonista de ‘Gipsy Kings’ procede dun ámbio «moi urbano, do mercadillo» e reacciona «como o faría calquera outra familia, xitana ou non, que ten que afacerse a unha situación completamente nova».

Ao mesmo tempo, tamén a presenza da Rebe e os seus provocará «reaccións» nos habitantes de Arqueixal e Santiago de Albá «que resultarán simpáticas para os televidentes».

Jacobo Eireos admite que entende que colectivos como o Secretariado Xitano rexeiten que se reduza a todos os xitanos a «un estereotipo, a un cliché» e engade que as catro familias da presente tempada «só representan a catro familias xitanas». «Nós non emitimos opinións, non facemos xuízos de valor. Nunca pretendemos facer un retrato dos xitanos na España do século XXI, senón seguir a determinadas familias que nos dan xogo por como son, non polo feito de ser xitanas», engade.

Neste contexto, A Rebe converteuse nun auténico icona televisiva e é comparada nas redes sociais polas súas seguidoras con Beyoncé ou Kim Karsashian. «E o feito de que sexa xitana aquí non é máis nada que puramente circunstancial», incide Jacobo Eireos.

Sobre se lles gustou aos Jiménez a súa experiencia en Palas de Rei, o director de ‘Gipsy Kings’ non quere destripar a trama e evita os temidos ‘spoilers’. «Será crucial a súa participación nunha queimada, pero hai que velo», di.

Comentarios