Raquel Arias: "A renovación é adaptarse aos tempos, evolucionar"

La delegada de la Xunta en Lugo y aspirante a la presidencia del PP ha charlado con los lectores
Raquel Arias, al teclado
photo_camera Raquel Arias, al teclado

JAIRO

¿Que destacaría, en positivo, da súa rival? E, ¿que defecto propio admitiría?

De Elena destacaría que lle pon ganas ó que fai. E polo que a min respecta, sei que é imperdoable pero tendo a ser bastante impuntual, aínda que todos os días fago propósito de emenda e creo que, pouco a pouco, vou mellorando.

MAURO

¿Que valoración fai da xestión de Barreiro á fronte do PP de Lugo?

Hai cousas positivas da súa xestión e outras que eu faría doutro xeito pero agora do que se trata é de falar de futuro e de mellorar todo o posible o noso proxecto.

ISABEL

Defina o seu concepto de renovación

Adaptarse ós tempos, evolucionar do mesmo xeito que o fixo a sociedade. Cambiar actitudes e aptitudes, facer un partido máis participativo, máis transparente, máis dinámico, capaz de ilusionar ós militantes e tamén ós cidadáns en xeral...

CARLOS

¿Si en junio hay elecciones, el PP mantendrá su cartel del 20-D en Lugo?ta

Eso tendrán que decidirlo los órganos del partido competentes para hacerlo.

JUANJO

¿Gustaríame saber se teñen experiencia laboral fora de cargos públicos e/ou empresas familiares?

Son xornalista. E empecei, como outros moitos compañeiros de profesión, de becaria. Traballei en Madrid en varias revistas relacionadas co sector dos seguros; din clases de comunicación. Voltei a Galicia e traballei en Radiocadena Española e RNE, colaborei cos periódicos El Progreso, La Voz de Galicia, fun corresponsal de El Mundo Galicia, fun responsable do gabinete de comunicación do Concello de Monforte e traballei tres anos como redactora de informativos da Radio Galega en Santiago.

SAMUEL

Si gana, ¿estaría dispuesta a integrar a su rival?

Claro que sí. Las dos formamos parte del mismo proyecto político, del Partido Popular. El congreso provincial es una oportunidad para poner en común las propuestas que aportan las distintas sensibilidades existentes en un partido formado por más de 12.000 personas, para establecer y consensuar entre todos las líneas básicas que deberán determinar el futuro del partido. Todos somos necesarios y todas las opiniones cuentan. 

MARÍA

¿Non lles preocupa o que está a acontecer co partido en Sarria?

Preocúpame todo o que pase no partido, sexa onde sexa. 

ALMUDENA

Con esta campaña tan intensa y polémica, ¿no se nos romperá el partido? Lo digo con preocupación, especialmente teniendo en cuenta el crecimiento de partidos como Ciudadanos

El día 7, sin duda, seguiremos siendo un Partido Popular unido pero más enriquecido. La puesta en común de ideas, incluso aunque en ocasiones sea desde la discrepancia, es siempre enriquecedora. Siempre es necesaria una puesta a punto, una actualización. Y nosotros  precisamente abogamos por una renovación que nos permita conectar mejor con la militancia y con la sociedad en su conjunto para recuperar el espacio perdido e incluso ir más allá. Y en ese deseo de mejorar el debate constructivo es primordial y necesario.

MARA

Parabéns pola campaña, Raquel. ¿Gustaríame saber que propostas tes para que os militantes de base poidamos ter máis visibilidade no partido?

O noso é un proxecto de abaixo arriba. Así que o militante é o protagonista, empezando por establecer o principio fundamental de “un militante, un voto”. É dicir, que sexan os afiliados os que elixan directamente ao presidente, e non só ó provincial, tamén ó de cada agrupación local. Cremos no potencial, implicación e compromiso dos afiliados, que é onde reside a verdadeira forza que ten o noso partido, polo que queremos que asuman responsabilidades directas no organigrama do partido. De feito, o noso programa prevé que unha das catro áreas de traballo que poñeremos en marcha esté adicada á participación, un ámbito exclusivo para os militantes que, claro está, terá que estar interrelacionado cos outros. Tamén contemplamos a celebración dunha asamblea anual para que a militancia valore a actividade do partido e aporte novas ideas. A interrelación coas bases ten que ser permanente e para iso hai que valerse das novas tecnoloxías pero sen esquecer o contacto directo cara a cara, que nós fomentaremos todo o posible.

JAIME

El diputado autonómico Martínez Sierra es uno de sus apoyos. Muchos lo acusan de haber hecho campaña en contra de la candidata a la alcaldía del PP en Lourenzá. ¿Le parece correcto que siga representando al PP?

Me cuesta creer que cualquier militante de un partido haga contracampaña contra sus candidatos, ya sea en Lourenzá, Lugo, Monforte, Vilalba o cualquier otro ayuntamiento..

BRAIS

      ¿Vai loitar porque Lugo teña máis representatividade no goberno galego? 

Por suposto. Creo que contar con representantes da nosa provincia en postos de responsabilidade, xa sexa na Xunta, no Goberno central ou en calquera outra institución é motivo de orgullo para o Partido Popular e incluso para a provincia no seu conxunto. Aínda así a sensibilidade do goberno galego coa nosa provincia non depende diso..

LOLO

Gustaríame saber, dona Raquel, se no caso de que gañe vostede, que nomes ocuparán os principais postos no partido, refírome especialmente ao de secretario, por exemplo

Permítame que non avance neste foro o que antes deben coñecer os meus compañeiros de partido. Pero non dubide de que, como así se establece nos estatutos do noso partido, todos serán afiliados.

►Consulte las respuestas de Elena Candia

Comentarios