Rajoy abre o curso político en Cotobade o domingo

O presidente do Goberno será o encargado de clausurar o acto que organiza o PP
Mariano Rajoy, en la Delegación del Gobierno en Cataluña
photo_camera Mariano Rajoy, en la Delegación del Gobierno en Cataluña

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, abrirá o vindeiro domingo, o día 27, o curso político na localidade pontevedresa de Cotobade, onde clausurará un acto do PP.

Inicialmente o acto estaba previsto para o sábado, data na que se celebrará a manifestación en contra dos dous atentados en Barcelona, organizada polo Goberno, a Generalitat e o Concello da capital condal.

Cotobade é o lugar elixido polo tamén presidente do PP, por segunda vez, para iniciar as actividades do seu partido, xa que o pasado ano tamén se celebrou aquí, entón un mes antes das eleccións galegas.

Nos últimos anos celebrábase en Soutomaior, pero a Deputación de Pontevedra negouse xa o ano pasado a ceder o lugar ante a petición do PP.

Rajoy, ao día seguinte, participará en París nunha reunión coas máximas autoridades de Francia, Alemaña e Italia, que terá lugar no Palacio do Elíseo.

Comentarios