O Concello de Quiroga e tres asociacións culturais da comarca puxeron en marcha un punto de recollida de tapóns coordinado co Banco de Tapóns de Lugo que permitirá almacenar nun baixo do centro social de maiores todos os tapóns e aparellos electrónicos que se recollan no municipio.
A iniciativa está supervisada pola Fundación Puro Cora e o banco provincial e ten como obxectivo facilitar o traballo aos voluntarios que xestionan a recollida de tapóns. Ata agora había diferentes locais privados que almacenaban tapóns, agora a idea é que todo vaia ao centro social e que os membros de Protección Civil desprácense aos establecementos e domicilios para recoller as bolsas.