Quintana garante que consumir marisco legal é seguro

La conselleira (con chaqueta roja), ante uno de los tanques de cría de Acuidoro (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera La conselleira (con chaqueta roja), ante uno de los tanques de cría de Acuidoro (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)

A conselleira de Mar, Rosa Quintana, recoñeceu que a situación das rías galegas respecto da toxina que afecta á extracción de moluscos é "complicada", pero lanzou unha mensaxe de tranquilidade ao consumidor ao garantir a salubridade do mexillón que chega ao mercado seguindo a cadea de análise, é dicir, as canles legais.

Actualmente, segundo explicou en declaracións aos medios na Mariña, permanecen pechados 45 polígonos de mexillón, co que só hai seis abertos en toda Galicia. Rosa Quintana indicou que desde hai dous anos as condicións naturais das rías fixeron que "proliferase" un tipo de alga que non afecta o marisco, pero si pode producir danos saúde do consumidor.

A conselleira fixo estas declaracións na costa de Lugo, onde Quintana visitou unha empresa de acuicultura e outra de conservas.

En Cervo, coñeceu as instalacións de Acuidoro, empresa de engorde de rodaballo e linguado, produtora e provedora de peixe. Alí, Quintana recordou que a Xunta puxo este ano a disposición do sector catro millóns de euros para investimentos no ámbito da acuicultura. O sector verase afectado por unha Lei de Acuicultura, que Quintana asegurou que iniciará a súa tramitación en setembro e que permitirá a "reactivación do sector".

Despois, a conselleira do Medio Rural e do Mar visitou en Xove a empresa Curricán, unha iniciativa de tres mulleres emprendedoras que comercializa conservas tradicionais de bonito do norte e polbo.

Comentarios