''Quero provocar na xente a maior autoestima posible''

Verino, ante algunas de las piezas expuestas (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Verino, ante algunas de las piezas expuestas (Foto: Sebas Senande)

O deseñador Roberto Verino explicou este xoves en Lugo que a súa intención é "provocar na xente a maior autoestima posible" coa súa moda, xa que quere que "as persoas sexan felices" sen ter que "disfrazalas". Verino subliñou que a "intemporalidad e a funcionalidade" son os motores que moven a súa obra, xa que, en palabras do deseñador, as súas obras "non son de usar e tirar", algo que desexa que a xente entenda.

O creador ourensán fixo estas declaracións durante a inauguración, na sede da Fundación Caixa Galicia en Lugo, da exposición Roberto Verino. 25 anos, na que fai un percorrido pola obra do deseñador ourensán que demostra que "este galego fixo da moda unha arte", segundo subliñaron fontes de Caixa Galicia.

Lugo será a cuarta cidade a nivel mundial en acoller a mostra, que xa pasou por Madrid, Ourense e Nova York. Ata o 24 de agosto, os lucenses poderán ver esta mostra, que consta dunha peza por colección, cun total de 50 vestimentas.

Roberto Verino asegurou que "non é casual" que Lugo acolla esta exposición, xa que é a súa "segunda patria", posto que os seus pais, recentemente falecidos, eran de Ferreira de Pantón.

Do mesmo xeito, considerou que "non é casualidade que estea a ser recoñecida a súa tarefa en museos" e que a súa moda "é un símbolo social e cultural" dos últimos 25 anos, "nos que a muller foi a absoluta protagonista".

Un sector ''moi sensible'' ás crises
O deseñador nacido en Verín en 1945 sinalou tamén que a moda “non é allea” á situación de crise e puxo de manifesto que é un sector "moi sensible" á desaceleración. De todos os xeitos, mostrouse "optimista" ante o panorama económico e asegurou que é unha "oportunidade" para que se demostre "quen teñen talento e quen non". Aínda que recoñeceu que este exercicio non cumpriu o seu obxectivo de alcanzar os 20 millóns de euros de facturación, recordou que se superaron as cifras do ano anterior".

Reafirmouse en que "pasamos crises peores" e recordou que esas situacións permitiron superar a outras comunidades como Cataluña, porque eles "tiraran a toalla" con motivo da desaceleración do ano 92. Verino explicou as súas fórmulas para resistir á crise e puxo como exemplo "evitar o malgasto ou a relación calidade-prezo para que "o consumidor saiba valorar o que ten a longo prazo", e evitar que a xente compre "de usar e tirar".

Comentarios