Queixas no Camiño polo peche de igrexas en Semana Santa

Una peregrina lee el cartel en la puerta cerrada de Santa Mariña. (Foto: Porto)
photo_camera Una peregrina lee el cartel en la puerta cerrada de Santa Mariña. (Foto: Porto)

As igrexas do Camiño de Santiago que atenden aos peregrinos permanecerán pechadas durante Semana Santa, o que xera queixas de camiñantes e traballadores dos templos, dado que se trata dunhas datas nas que se produce un incremento do número de visitantes.

As igrexas están abertas habitualmente por guías, que se encargan de atender aos peregrinos, entregar e selar as credenciais ou ofrecer información sobre a localidade na que se sitúan e a ruta xacobea. Son persoal contratado a través dun convenio que asinan anualmente o Obispado e a Xunta, de forma que a Administración autonómica faise cargo dos salarios dos guías dos principais templos dos diferentes camiños que discorren pola diocese de Lugo. Este acordo permite empregar na comarca a tres persoas, quen traballan na igrexa de Triacastela, a capela do Ciprés de Samos e o templo de Santa Mariña de Sarria.

VISITANTES
Máis camiñantes desde o sábado

A oficina de turismo de Sarria percibiu un incremento de peregrinos nos últimos días. Isto débese a que os camiñantes queren chegar a Santiago o xoves ou o venres Santo, polo que pasan por Sarria cinco días antes.

Os peregrinos son principalmente nacionais, así como algún grupo de colexios. Ademais, percibiuse un aumento de turistas que solicitan información sobre lugares a visitar na comarca.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios