Puigdemont celebra cun tuit a vitoria do Xirona ao Real Madrid

Carles Puigdemont, o president cesado da Generalitat, celebrou na súa conta de Twitter a vitoria do Xirona contra o Real Madrid por 2-1.

O que fora alcalde xerundense, e que tras proclamar a independencia de Cataluña o venres se trasladou á cidade, escribiu: "Gran Xirona FC gañando 2-1 ao Real Madrid en Montilivi ( e o día de Sant Narcís!) Parabén, e seguimos!".

Dáse a circunstancia de que Xirona celebra estes días as súas festas patronais. E, se Montilivi, xa foi unha festa antes e durante o partido, logo da victorial local o alborozo foi aínda a máis.  

Comentarios