Propinarlle dúas labazadas á súa noiva pode custarlle once meses de prisión

Un mozo con iniciais E.E.M., de 25 anos de idade, afronta unha condena de once meses de prisión por losquear supostamente á súa compañeira sentimental en Sarria.

A Fiscalía explica que o día 6 de maio de 2012, sobre as dez da mañá, o acusado e a súa parella iniciaron unha discusión na súa vivenda. No medio da disputa, o home presuntamente propinoulle á muller dúas labazadas nas fazulas coa man aberta, sen chegar a causarlle lesións.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios