Propietarios de terreos da Fonsagrada piden máis parcelas de uso forestal

Os veciños da Fonsagrada presentaron algo máis de 500 alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que recibiu a aprobación inicial tras ser acordado pola corporación. Unha das alegacións que máis se repite é a solicitude de ampliación de terreos forestais. É dicir, os propietarios queren que algunhas terras catalogadas como agropecuarias se destinen a uso forestal.

O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, explicou que o equipo redactor e a comisión de seguimento do PXOM xa iniciaron os traballos de estudo das alegacións. Avanzou que "hai que seguir unhas normas e non se pode facer un documento á carta, pero temos vontade de recoller todas as alegacións que se poida".

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios