Prisión sen fianza para un dos supostos autores de varios incendios de Ponferrada

Segundo varias testemuñas, o home ía en bicicleta causando os lumes durante o seu percorrido

O titular do Xulgado de primeira instancia e instrución número 8 de Ponferrada (León) ordenou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home de 40 anos detido o luns e ao que se considera suposto autor de varios incendios rexistrados na localidade.

Segundo informaron fontes xudiciais, o detido, cuxa identidade corresponde ás iniciais J.M.A.Z., con domicilio no barrio de Flores do Sil de Ponferrada, será investigado por un delito contra a seguridade colectiva mediante incendios.

Axentes da Policía Local da capital do Bierzo detiveron o luns a esta persoa como suposto autor de seis incendios en distintos puntos da poboación.

En concreto, localizáronse seis focos de lume que se iniciaron ás 7:00 horas na ladeira do Monte Pajariel e continuaron pola Cemba alta, á beira dunha residencia da terceira idade, as inmediacións do Pavillón de Flores do Sil, no Barrio da Placa, e na terminal de mercancías xunto á circunvalación de saída á N-536, onde o home foi localizado e detido.

Segundo a información facilitada pola colaboración cidadá que serviu para a súa detención, o suposto autor ía en bicicleta causando os incendios durante o seu percorrido.

Comentarios