Primeiro rozamento entre Lucas Pérez e Pepe Mel?

O dianteiro discutiu co adestrador cando este o substituíu no minuto 62 contra o Alavés
Lucas Pérez discute con Mel tras ser sustituido
photo_camera Lucas Pérez discute con Mel tras ser sustituido

Cun apertado 1-0 no marcador, e cando corría o minuto 62, Pepe Mel decidiu substituír este mércores ao ídolo do deportivismo. O adestrador madrileño, que coida ao máximo o seu xogador estrela e o estivo dosificando ata que ante o Alavés lle brindou a súa primeira titularidade, debeu pensar no partido do próximo domingo ante o Espanyol. Pero o de Monelos non pareceu encaixar ben o cambio, e así llo fixo saber a Mel mentres saía do campo. Os seus espaventos delaban o seu enfado. E Pepe Mel, mentres, intentaba tranquilizalo e facerlle ver a importancia do partido en Cornellà-O Prat.

Aínda que non pase de anécdota, o cabreo do crack do Deportivo co seu técnico súmase ao runrún que hai na bancada cara a Mel, cuestionado tras un mal inicio de tempada e no que a primeira vitoria non chegou, precisamente, ata o partido do mércores ante o Alavés.

Comentarios