Preocupa a mellora da contorna natural

Conjunto etnográfico. aep
photo_camera Conjunto etnográfico. aep

A Xunta préstalle especial atención nos seus orzamentos de 2012 á preservación da riqueza natural da Montaña. Baralla e As Nogais recibirán 275.000 euros e 160.000, respectivamente, para o tratamento de residuos e Negueira de Muñiz terá 236.000 para o selado de vertedoiros.

Nese campo, Medio Rural tamén consigna fondos para os concellos que integran as reservas da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dos Ancares, Ademais, A Fonsagrada recibe para actuacións en montes comunais 350.000 euros.

Especial relevancia cobrará, un ano máis, a mellora da rede viaria comarcal. Así, a Xunta reserva 2,3 millóns de euros para a mellora da estrada LU-710 entre Baralla e O Cádavo e 1,5 para a de Becerreá a Navia.

Entre outros investimentos, destaca unha partida de 650.000 euros de Traballo para equipamentos en Baleira, case 150.000 para o centro médico das Nogais e 70.000 para rehabilitar edificios singulares en Cervantes.

Comentarios