Premiados en Begonte

Alumnos en Riotorto.
photo_camera Alumnos en Riotorto.

Os alumnos do instituto Vilar Ponte de Viveiro recollen premios alá por onde van. É o caso de estudantes de relixión católica do centro que, dirixidos polo profesor José Janeiro Rodríguez, participaron no certame de debuxo infantil sobre o Nadal do Concello de Begonte e catro deles resultaron premiados. Dous primeiros premios, dotados con 80 euros e un trofeo de Sargadelos, foron para Lida Villagordo González, de 12 anos, e para Inacio Antón Novo López, de 13 anos. Outros dous alumnos obtiveron segundos premios, polos que recibiron 30 euros e un trofeo de Sargadelos. Foron Pedro Redondo Loureiro e Cintia Barria, ambos de 12 anos. Todos os participantes poden estar contentos, pois o xurado resaltou «a enorme calidade dos traballos» presentados desde o Vilar Ponte.

torneo de tute en cervo

O alcalde de Cervo, Afonso Villares, fixo entrega dos premios da décimo sétima edición do campionato de tute que organizou o Concello. O bar Paulino foi o vencedor do torneo e conseguiu tamén colocar a unha das súas parellas, a formada por Julián e Billy, como gañadora da súa categoría.

Día da paz

O colexio de Riotorto organizou varias actividades para celebrar o Día da Paz. Os pequenos confeccionaron pombas que levaron colgadas do pescozo e ao acabar o recreo recitaron varios poemas. Ademais, nalgúns cursos fixéronse debates ao redor da paz e a guerra.

Comentarios