Premiados 19 viños no certame mundial de alta montaña de Aosta

O único gran ouro foi para Don Bernardino 2012 ►A denominación logrou oito medallas de ouro e dez de prata
Los premios reconocen a vinos de zonas de fuerte pendiente
photo_camera Los premios reconocen a vinos de zonas de fuerte pendiente

Un total de 19 viños da denominación Ribeira Sacra conseguiron medalla no Mundial de Viños Extremos de Aosta (Italia), un certame que ten unha gran tradición e está dedicado aos viños de alta montaña. Entre os galardoados houbo un gran ouro, oito ouros e dez pratas.

Na categoría de viños tintos dos anos 2015 e 2014 levaron medalla de ouro sete viños. O Sombrero Tinto Roble da firma Nova Toural (Lugo), o mencía Don Bernardino 2015 da adega do mesmo nome (Sober), o mencía Adega Vella de Josge Feijóo (A Teixeira), o Verdes Matas da adega Pena das Donas (Pantón), o Ciudáseis Celamide que elabora María Gloria Alvarín Losada (Monforte), Tear de Manuela Valdés Péres (Sober) e o mencía barrica 2014 Abadía da Cova (O Saviñao).

Nesas mesmas anadas lograron a medalla de prata o mencía Cruceiro de Ramón Marcos Fernández (Sober), mencía de José Manuel Vidal López (Sober), Viña Peón do Canceliño, Regina Viarum da firma do mesmo nome, Porvide de Aceiroga (Quiroga) e o Viña Cazoga (Sober).

Na categoría de viños brancos lográronse dúas medallas de planta, unha para o Abadía da Cova 2015 que elabora Adegas Moure e outra para o godello Adega Vella 2015 que fai Jorge Feijóo González na Teixeira (Ourense).

OUTRAS ANADAS. A única medalla gran ouro para os viños de Ribeira Sacra foi a que logrou Don Bernardino ‘'4 Generación'’ de 2012, da adega do mesmo nome, na categoría de viños da vendima de 2013 ou anteriores.

Nesa mesma división conseguiu unha medalla de ouro Regina Expresión de 2012, de Regina Viarum, e unha medalla de prata o Regina Viarum ecolóxico 2013 da mesma adega.

O mundial de viños extremos é o máis importante a nivel internacional reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos, en terrazas ou terreos con máis do 30% de declive ou altitude superior a 500 metros. Con este certame quérese promover e valorar a produción vitícola en zonas con dificultades estruturais ou con viños singulares.

Comentarios