PP e PSOE esixen melloras nas redes de auga e saneamento de Monforte

Un empleado de Aqualia arregla una avería en la Rúa Corredoira ante la mirada de dos vecinos. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Un empleado de Aqualia arregla una avería en la Rúa Corredoira ante la mirada de dos vecinos. (Foto: Toño Parga)

O grupo popular e o socialista na corporación de Monforte puxéronlle deberes ao goberno local, en mans do BNG. O equipo que lidera o nacionalista Severino Rodríguez foi obrigado, en forma de moción apoiada polos dous partidos da oposición, con maioría no pleno, a que lle esixa á empresa adxudicataria dos servizos de abastecemento de auga e saneamento do municipio, a firma Aqualia, a que execute melloras en ambas as redes.

Julia Rodríguez, polo PP, e José Tomei, polo PSOE, coincidiron en sinalar que, independentemente do «sorprendente» que resultou que se tardasen once anos en atopar o contrato asinado con Aqualia que obriga a esta a investir 4,7 millóns de euros en Monforte, este é o momento que o Concello debe aproveitar para que se leven a cabo proxectos prioritarios.

Un informe demoledor de Augas de Galicia

O organismo público Augas de Galicia emitiu un informe o pasado ano no que cualificaba a rede de rede de sumidoiros de Monforte de caótica e antiga. En termos similares pronunciáronse outros departamentos sobre o estado das tubaxes do abastecemento de auga, que dun tempo para acó causa aos veciños problemas case a diario en diferentes puntos da cidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios