A poxa de Africor en Castro factura 36.000 euros

Dos 21 animais postos en venda, 18 foron adquiridos por gandeiros de Lugo, que pagaron un máximo de 2.400 euros por res
Uno de los animales subastados en Castro
photo_camera Uno de los animales subastados en Castro

A segunda e última poxa do ano organizada por Africor no mercado gandeiro de Castro de Ribeiras de Lea alcanzou unha facturación de máis de 36.000 euros, ao lograr atopar comprador 18 dos 21 exemplares polos que se puido puxar, todos eles procedentes de ganderías da provincia, coas máximas garantías sanitarias e cunha calidade xenética contrastada.

Así, a ducia de vacas en lactación tras o seu primeiro parto postas este venres á venda interesaron aos compradores presentes, do mesmo xeito que seis das nove novillas poxadas, todas elas próximas ao parto. A este respecto, o xerente de Africor, Ramiro Fouz, aclarou que é habitual que as reses xa paridas teñan unha maior aceptación entre os gandeiros.


A próxima poxa no mercado gandeiro de Castro celebrarase previsiblemente en febreiro de 2017


Ramiro Fouz precisou tamén que o prezo medio alcanzado na poxa por animal situouse nos 2.020 euros, apuntando ademais que o tope da poxa alcanzou os 2.400 euros, coa particularidade de que varios dos exemplares que saíron na mañá á pista do mercado gandeiro de Castro lograron venderse por esa cifra.

Aínda que é habitual que a este tipo de eventos acudan posibles compradores de distintos puntos de Galicia, nesta ocasión todos os exemplares vendidos quedarán en ganderías lucenses. E como xa é costume, Xénetica Fontao obsequiará a con un lote de dose de touros probados —tres serán de Delano e tres de Quixote— a todos os que adquiran un animal adquirido na poxa.

"Foi unha poxa moi concorrida, houbo moito público e moita animación", concluíu o xerente de Africor sobre este evento periódico que conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei, así como a Deputación de Lugo e a Consellería de Medio Rural.

2017. A próxima poxa no mercado gandeiro de Castro celebrarase previsiblemente en febreiro de 2017, aínda que desde Africor precisan que aínda non se estableceu o calendario de eventos para o próximo ano. De non haber cambios, estas instalacións acollerían a citada poxa de febreiro e outra en novembro, ás que se sumaría en Terra Chá outra na Moexmu a principios de abril.

Comentarios