Posposta de novo a posible liberdade baixo fianza para Pistorius

A decisión sobre a liberdade baixo fianza do atleta surafricano Óscar Pistorius, acusado formalmente do asasinato premeditado da súa noiva, Reeva Steenkamp, foi posposta ata mañá polo xuíz que instrúe o caso, Desmond Nair.

O maxistrado anunciou o adiamento tras a petición do fiscal Gerrie Nel, que solicitou máis tempo para preparar a súa resposta á declaración xurada formulada hoxe por Pistorius, na que negou que tivese a intención de matar á modelo Steenkamp. "Vostede permanecerá en custodia ata a convocatoria do tribunal mañá ás 9 horas (07.00 GMT)", dixo a Pistorius o xuíz Nair, citado pola axencia local SAPA.

Nunha declaración xurada lida polo seu avogado, Barry Roux, o atleta rexeitou a acusación de asasinato "premeditado" formulada pola fiscalía. "Non logro entender como puiden ser acusado de asasinato, por non falar de asasinato premeditado, porque non eu planeei matar á miña noiva Reeva Steenkamp", afirmou Pistorius ante o Tribunal da Magistratura de Pretoria.

O deportista explicou que matou á súa noiva a través da porta pechada do baño, pensando que disparaba a un intruso que entrara na casa.

O corpo de Steenkamp foi incinerado hoxe na cidade de Port Elizabeth, no sur de Sudáfrica, mentres en Pretoria celebrábase a vista.

Comentarios