Portos expón a baixada das taxas portuarias para impulsar o sector

Visita de Durán a Burela. (Foto: Antonio López)
photo_camera Visita de Durán a Burela. (Foto: Antonio López)

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presentou onte nas oficinas portuarias do peirao de Burela a proposta do ente autonómico en relación á modificación das taxas portuarias, que implica unha redución das mesmas para aumentar a rendibilidade do sector. «A Consellería de Medio Rural e do Mar é consciente do papel estratéxico que desenvolve a actividade portuaria dentro da economía de Galicia e polo tanto da importancia de impulsar a maior rendabilidade deste sector para contribuír canto antes á recuperación económica da nosa comunidade», explicaron onte desde Portos.

O ente autonómico expón rebaixas para o próximo ano que poderán repercutir nunha redución de entre o 9 e o 20% nos prezos que abonan agora os usuarios.

GONZÁLEZ BARCIA
«Vai servir para seguir reactivando o peirao de Burela»

O alcalde de Burela, José María González Barcia, que onte acompañou a Durán na súa visita a Burela, do mesmo xeito que a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, indicou ao termo do encontro que o anuncio de Portos era unha boa noticia para o porto burelense. «Con esta medida entendemos que se pode favorecer a actividade portuaria, tanto no que se refire á propia actividade de Absa como á que realizan as distintas empresas que teñen algunha concesión administrativa no porto», dixo e engadiu que esperan e confían en que «servirá para continuar reactivando o peirao burelense». 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios