Portos mellora no Vicedo o asfalto da chaira do peirao

Visita de Durán (centro) con Solloso y Novo (izquierda). (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Visita de Durán (centro) con Solloso y Novo (izquierda). (Foto: José Mª Álvez)

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou onte O Vicedo, onde comprobou o resultado de traballos de conservación no espazo portuario que consistiron no seu asfaltado; unhas obras que o ente público está a impulsar nos peiraos do norte e do Cantábrico e nas que inviste máis de 95.000 euros.

O alcalde vicedense, Jesús Novo, explicou que «fíxose unha rexeneración de asfalto de toda a chaira do porto, con alcatrán e grava miúda onde había fochancas», e engadiu que outra actuación, aínda por realizar, será o pintado exterior da confraría de pescadores, na que tamén mellorarán pequenos danos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios