Por un puñado de soños

El protagonista, a caballo. (Foto: Vila)
photo_camera El protagonista, a caballo. (Foto: Vila)

Dallas, 1880. Nun lugar chamado O Lugar, Jeff Roberts, un gringo criado en Galicia, enfróntase ao fuxido Chicano nun duelo sen piedade. «Vida por vida, primeiro a miña», sentencian. Así comeza unha das escenas do western ‘La viudad del sheriff', cuxa gravación arrincou onte no núcleo sarrián de Perros ao máis puro estilo do oeste, con actores dacabalo e un tiroteo con réplicas exactas de pistolas remington.

O guión e a dirección fraguáronse durante anos na mente do sarrián Ramón Díaz Lorente, na delgada liña vermella entre ficción e realidade. Cativado polo cine desde os tempos de acomodador na sala Cissa e fundador dunha escola de actores sen alumnos, Radilo viu cumprido onte, aos seus 77 anos, o seu soño imposible de rodar un western en Sarria.

A decisión da produtora madrileña Consuelo Films de gravar un documental sobre a figura deste personaxe «quijotesco» foi decisiva para desatar á súa ao redor unha onda de apoios que fan posible ‘A viúva do xerife'.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios