As Pontes homenaxea a Ignacio Echeverría cun parque co seu nome

O Concello convocou tres días de loito oficial e o sábado solidarizaranse coa familia do falecido nunha concentración na Praza do Carme
El Poboado do Anguieiro pasará a llamarse Parque Ignacio Echeverría
photo_camera El Poboado do Anguieiro pasará a llamarse Parque Ignacio Echeverría

O Concello das Pontes convocou este xoves tres días de loito oficial polo falecemento de Ignacio Echeverría a causa do atentado do pasado sábado en Londres, ademais de anunciar que un parque da localidade levará o seu nome.

Así, os grupos políticos do consistorio acordaron por unanimidade que o parque do Poboado do Anguieiro pase a denominarse Parque Ignacio Echeverría. Nesa zona, recordou a administración pontesa, "viviu a súa infancia".

O consistorio valorou que o "pobo das Pontes únese á dor da súa familia" e que o vindeiro sábado promoverá unha concentración, que terá lugar na Praza do Carme, "en sinal de condena aos actos terroristas e en homenaxe ao que foi o noso veciño". Comezará ás 12.00 horas.

Ao seu xuízo, Ignacio Echeverría "perdeu a vida nun acto heroico, tratando de salvar a vida doutros".

Comentarios