As Pontes celebrará este sábado a segunda festa en honra ao freixó

A asociación de veciños do Freixo, nas Pontes, coa colaboración do Concello, organiza o vindeiro sábado, día 6, a segunda edición da Festa do Freixó, unha cita que, ademais de promover unha das receitas con máis tradición na localidade, busca dinamizar a zona rural do municipio.

Os organizadores da cita, que contará, como na primeira edición, coa freixoeira municipal, esperan alcanzar as cifras do ano pasado, con máis de 250 asistentes á comida e máis de 6.000 freixós vendidos.

«O ano pasado a festa tivo unha gran aceptación e este ano esperamos ter máis», asegura a presidenta da entidade veciñal, Mari Luz Rivera, que asegura que un dos maiores obxectivos é «revitalizar o rural, que está medio apagadillo», en referencia a unha das parroquias máis deshabitadas das Pontes, a do Freixo, que hoxe conta con menos de 70 veciños censados.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios