Polín pide crear unha ruta por lugares emblemáticos da vida de Díaz Castro

A deputada provincial e exalcaldesa de Guitiriz, a socialista Regina Polín, mostrouse emocionada e satisfeita coa elección do poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro como próximo homenaxeado nas Letras Galegas en 2014. «Díaz Castro merecíao e hai que felicitar a Guitiriz, porque é un éxito», explicou.

Polín comentou neste sentido que «se leva traballado moito» para que Díaz Castro recibise o recoñecemento que se merecía, traducido agora en ser un dos protagonistas do maior recoñecemento das letras en Galicia xustamente no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios